O espectáculo Supercross-Freestyle chega o 1 de novembro ao Coliseo da Coruña
O evento comezará coa actuación do grupo "Juguetes Rotos"
O espectáculo Supercross-Freestyle estará o 1 de novembro na Coruña. O Coliseo acollerá o evento, quer se desenvolverá a partir das 21:00h.
O espectáculo Supercross-Freestyle comezará coa actuación do excepcional grupo musical de Pop-Rock “Juguetes Rotos” para amenizar ao público. A continuación pasarase a facer a presentación dos 20 pilotos de Supercross Pit-Bike, e a presentación dos pilotos de Freestyle: Edgar Torronteras, Dani Torres, Carlos Córdoba, Eugenio Zafra, Sidney de Andrés, Gaby Villada, Jorge Bravo, Luís Moreno e Rafa Muñoz (piloto de Quad). Todo isto acompañado dun espectáculo cheo de luz e cor.
A continuación dará comezo a competición desenvolvéndose do seguinte xeito:
-1ª Manga clasificatoria de Supercross con 10 pilotos, da que se clasificarán 5 pilotos.
–1ª Manga clasificatoria con 4 pilotos de Freestyle, da que se clasificarán 2 pilotos.
-Exhibición de Quad. Descanso de 10-15 minutos.
-2ª Manga clasificatoria de Supercross con 10 pilotos, da que se clasificarán outros 5 pilotos.
-2ª Manga clasificatoria con 4 pilotos de Freestyle, da que se clasificarán outros 2 pilotos.
-Final Supercross cos 10 pilotos clasificados, 5 de cada manga.
-Final de Freestyle con 4 pilotos clasificados, 2 de cada manga.
-Entrega de premios.
-Exhibición final de Quad.
-Exhibición final de Freestyle con todos os pilotos.
As entradas teñen un prezo de 24 euros.
Venta de entradas centro comercial cuatro caminos, a coruña, caixa nova, telefono 902 504 500